Menu La Voz de Galicia Inicia sesión Mi cuenta SUMÉRGETE EN LA INFORMACIÓNEste verano suscríbete con un 50% de descuento Quiero la oferta Cerrar Súas Cortiñas MARGA FERNÁNDEZ BARBANZA 30 abr 2022 . Actualizado a las 05:00 h. Whatsapp Mail Facebook Twitter Comentar · Súas Cortiñas constitúe un topónimo preservado grazas á tradición oral. No termo cortiñas, a través da sufixación ?iño/?iña, estriba o diminutivo de cortes. Este vocábulo provén de cohortes, acusativo plural do latín cohors, ?rtis. Intégrano o prefixo co? e o radical hort?, a expresaren as nocións de agrupamento e lugar cercado, respectivamente. Na súa acepción primitiva, o substantivo refírese a unha horta valada onde recoller o gando. Por extensión, apelou tamén ao emprazamento onde os próceres se xuntaban para departir sobre asuntos de interese social. Posteriormente, designou o órgano constitucional que desempeña, entre outras, funcións lexislativas. Atendamos á evolución do significado, a cal responde a unha progresión atinada. En Súas Cortiñas atopábase o núcleo do barrio palmeirán da Arrochela, alcumado popularmente Gran Vía. Mesmo se lle dedicaba unha cantarea: «La calle de la Gran Vía no la pasean los ricos. / La pasean los Cafundos, los Pardiños y Piritos». Whatsapp Mail Facebook Twitter Comentar ·