A Lectora: Marina Loreto Ponce de León

La Voz

BARBANZA

29 ene 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Todos. Na sala de espera, nas viaxes... Pero o meu momento sagrado é despois de comer, no sofá.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. A portada e a sinopse da biblioteca. Os libros en rústica, que pasaron a criba do tempo. Os amig@s.

3. Que lle achega a lectura? Compartir, vivir historias alleas como cando era nena: con Asterix, Mortadelo, Xulio Verne e Enid Blyton.

4. Os seus libros favoritos. Os divinamente escritos. Os moi coidados en forma e fondo, onde se aprende estilo, composición, estructura e narrativa.

5. Un xénero literario. A novela. 

6. Un personaxe e un espazo literario. Calquera espazo da obra de Almudena Grandes. O mordomo de The remains of the day, de Kazuo Ishiguro.

7. Que está a ler agora? O meu favorito: El último encuentro, de Sándor Márai.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Manuel Rivas, co seu Lápiz do carpinteiro. En francés, Ce que le jour doit à la nuit, de Yasmina Khadra.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Navegar. Vantaxe de vivir na ría de Arousa.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. O mirador do Castro e o promontorio do cámping de Coroso.