Están tolos


Ocentro é o centro. Esta é a única máxima con garantías para definir a evolución do prezo da vivenda, agás en Compostela, o único concello galego no que as vivendas non baixaron apenas de prezo, e non vou entrar a valorar as razóns polas que é así.

Cando hai varios anos os axentes inmobiliarios -promotores, vendedores, intermediarios- falaban da recuperación do batacazo de 2008, eu non o tiña tan claro, pero tampouco imaxinaba que un fenómeno alleo ao sector faría sucumbir o mercado, e con difícil recuperación.

Ninguén pensaría a principio de século que no 2021 se podería comprar unha praza de garaxe por 2.000 euros, nin un piso de tres dormitorios por 60.000 ou un apartamento pola metade. Son prezos moi inferiores ao que custou construílos, pero xeralmente pertencen a empresas que buscan liquidez inmediata a calquera prezo, pero que afectan ao resto do mercado. Construíronse bloques urbanos no rural e na costa, onde o único modelo viable é a casa familiar con espazo arredor. Moitos nin chegaron a rematarse, e hoxe venden ladrillos e cemento. Houbérase evitado todo este barullo con planificación estratéxica que non houbo. O mercado é moi goloso e busca beneficios, e non hai oferta pública -as administracións non promoven case ningunha vivenda-.

O que nos deparará o futuro é unha incógnita como a do turismo. O noso ADN impulsivo e latino pódenos facer esquecer as recaídas e podemos volver a caer nos mesmos erros, ou talvez a caída sexa tan letal que permanezamos unha xeración enteira adormecidos. Sospeito que volveremos ao modelo de sempre.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
10 votos
Tags
Comentarios

Están tolos