ÚLTIMAS HORAS - BLACK DAYS -
Suscríbete 1 año con el 50% de descuento
Quiero la oferta

Borobó

Manuel Gago
Manuel Gago VERMELLO CONTRA O MAR

BARBANZA

14 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

As mareas do tempo son ben curiosas. Moitas veces parece que vemos con máis detalle as moitas décadas de distancia que sucesos, non inmediatos pero si máis próximos. Por cousas de traballo, lembreime moito estes días de Raimundo García Domínguez, Borobó, o gran xornalista que se retirou e morreu na aldeíña de Trevonzos, en Boiro.

A Borobó debémoslle un dos maiores esforzos na reincorporación da cultura galega á prensa e os medios de comunicación trala Guerra Civil. Desde a dirección do xornal compostelán La Noche abriu as portas a moitos galeguistas que ata finais dos corenta tiveran moitas portas pechadas e vivir nunha especie de exilio interior. Foi tan importante o seu esforzo que La Noche acabou dando nome a unha xeración de intelectuais. Hoxe creo que ficou un tanto esquecido.

O mellor Borobó está nos seus libros Papeles de Borobó, onde compilou moitos dos artigos, e que son unha prodixiosa porta de entrada a numerosas curiosidades, intrigas e anécdotas históricas de gran valor.