ÚLTIMAS HORAS - BLACK DAYS -
Suscríbete 1 año con el 50% de descuento
Quiero la oferta

«Plot twist»

Manuel Gago
Manuel Gago VERMELLO CONTRA O MAR

BARBANZA

31 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Confésolles que o outro día cando vin as fotos das vacinacións alegreime, pero moderadamente. Como moitos e moitas, teño a sensación de estarmos a vivir nunha película distópica, dese tipo de futuros catastróficos que nos trae o cine. Aínda que, por sorte, as lecturas históricas ás que son moi afeccionado axúdannos sempre a ver o mundo de maneira máis optimista que pesimista. O caso é que, voulles dicir, teño a sensación -totalmente subxectiva, sen ningún dato que o avale-, que nos falta un plot twist. Con ese termo coñécese no mundo da televisión e do cine a un xiro inesperado de guión, que fai que o que pareza pechado volva abrir por un lugar inagardado e haxa que se enfrontar a unha nova circunstancia.

 Como reitero, non dispoño de informacións confidenciais que me fagan sospeitar. Pero pode que o plot twist non teña tanto que ver cunha mutación rebelde do virus como cos desafíos dunha previsible crise económica de focos difusos nunca prevista pola economía moderna.

 O que teño claro é que a min me gustan moito os plot twists nas novelas ou no cinema, pero nas sociedades os feitos deberan aparecer en secuencias previsibles, aburridas, que freen a capacidade dos acontecementos de danar ás persoas e faciliten as posibilidades de mellorar a súa vida.