O Pindo ten que ser parque


A Asociación Monte Pindo Parque Natural cumpre este mes dez anos desde a súa fundación. A entidade inclúe no seu propio nome o seu propósito: dotar dun instrumento xurídico e administrativo o impresionante legado ambiental, paisaxístico e cultural que supón o monte Pindo. Pero como recordou Xil Caamaño, o presidente, o día no que se consiga o parque -que se conseguirá-, a entidade non morrerá, senón que deberá exercer unha tutela sobre o futuro espazo natural. O feito de declarar parque natural un espazo non garante a súa xestión posterior: iso é algo que hai que gañar día a día.

De maneira totalmente inxustificable, a Xunta rexeitou unha e outra vez declarar o monte Pindo como parque natural. As razóns son inexplicables alén da lea política. A diferenza doutros espazos como O Caurel ou Os Ancares, O Pindo carece de explotacións agropecuarias nin forestais e, polo tanto, o nivel de conflitividade social é mínimo. Ao non declaralo parque natural, a Xunta furta aos veciños de Carnota de moitas posibilidades de desenvolvemento económico.

Sei ben o que digo: O Pindo é un diamante en potencia. Hoxe publiquei un fío de Twitter sobre el. Fíxeno en inglés. Menos de 12 horas despois, o fío leva máis de 35.000 visualizacións por parte dun público de británicos, irlandeses, norteamericanos e outras xentes, abraiados co monte, a súa paisaxe e arqueoloxía. A marabilla do Pindo corre como a pólvora pola Rede. Pero só porque individuos e entidades cremos nel. Imaxinen cando tamén o faga o Goberno.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

O Pindo ten que ser parque