Rótulos


función para a que foron inventados os rótulos é a de chamar a atención aos transeúntes, a de localizar un local ou lanzar unha mensaxe de sedución sobre o que se despacha dentro do establecemento. É un elemento básico da mercadotecnia, e se non se cumpren esas premisas é un obxecto inútil na rúa.

Dende os antigos exipcios ata hoxe, os bos rotulistas buscaron tamén integralos na propia arquitectura, e foron evolucionando á par dos materiais de construción. É algo moi común que o propio arquitecto se complemente como rotulista na propia obra, na procura da máxima integración. O seu tamaño e proporcións poden enxalzar a beleza do edificio e do local, pero tamén poden converterse en elementos chabacanos e vulgares; sucede tamén cos propios materiais, que, de tan rechamantes, sobran e agriden a sensibilidade.

Todos temos en mente moitos deseños que se converteron en clásicos, por sincronizar con calquera edificio ou pola súa brillante mensaxe, ou estilos de rótulos que marcaron épocas gloriosas do comercio e que hoxe se poderían considerar como un patrimonio máis, debendo protexelos.

Pero tamén temos na mente aqueles outros que por moita cantidade que se fixeran sempre foron e son un estorbo urbanístico en calquera cidade, e neste apartado están moitos luminosos ou de plástico, que co tempo ofrecen unha imaxe urbana decadente.

Poucas normas hai sobre os anuncios, salvo nos centros históricos, nos que se fai que se axeiten ao deseño xeral dos edificios, en materiais e tamaño, aínda que nalgúns casos pasáronse ao estilo rococó e dan unha imaxe de enxebrismo turístico.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
9 votos
Comentarios

Rótulos