Turismo bulímico


Apandemia freou un modelo turístico baseado no consumo descontrolado de destinos turísticos, un inquedo xeito de viaxar sen interiorizar todo o visitado. Chámase turismo bulímico ou gula turística, e ten a súa orixe nos novos valores impostos polos medios de comunicación, polas redes sociais e polo afán de protagonismo, afastado dos valores tradicionais como o da familia.

Viaxar a dez ou doce destinos cada ano, sen chegar a comprender e asimilar a sociedade do lugar nin a gozar das pequenas sensacións que aporta o turismo consciente, non ten mais obxectivo que facer alarde de ter visitado eses lugares fronte á sociedade na que se desenvolve o individuo, moitas veces con banais fotografías de autorretrato perante un lugar icónico, pero tamén de lugares singulares distintos do medio que o arrodea.

Adoita ser practicado por persoas de nivel económico medio alto, posto fixo na Administración ou empresa prestixiosa e sen responsabilidades familiares; porque require un gasto e unha planificación incompatibles coa xestión familiar. Pero non esquezamos que detrás deste turismo están compañías como Ryanair, a cuxo propietario fixo millonario esta modalidade de viaxe, grazas ás pingües subvencións das Administracións dos destinos, pero tamén grazas ás condicións dos viaxes, que rozan a dignidade humana. Sen esquecer o custo ambiental que supón para o planeta ese inxente fluxo de aeronaves a diario.

É pouco loable que as Administracións subvencionen eses viaxes cos nosos impostos para recibir máis visitantes, axudando a destruír a terra.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

Turismo bulímico