Casto Rivadulla presenta en A Pobra o libro «A que cheiran as cores?»

M. X. B.

BARBANZA

MARCOS CREO

Trátase dunha guía que permitirá coñecer mellor os segredos que agocha o cerebro

28 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres • Cine Elma (A Pobra) • 20.30 horas • O neurocientífico e escritor Juan Casto Rivadulla Fernández presenta este venres, da man da asociación Barbantia, o libro A que cheiran as cores?, unha guía que permitirá coñecer mellor os segredos que agocha o cerebro. O autor estará arroupado polo psiquiatra Fidel Vidal Pérez; pola doutora Araceli García Pose; polo libreiro local Cipriano Pose; pola concelleira de Cultura, Patricia Lojo; e polo rexedor local, Xosé Lois Piñeiro.

Nesta publicación, o científico pobrense explica, de xeito divertido e sinxelo, o funcionamento do cerebro. O libro complétase coas ilustracións de Nuria Díaz.

A entrada ao acto, que se desenvolverá no cine Elma, será libre ata completar o aforo dispoñible. Os asistentes deberán levar máscara. Trala presentación do volume terá lugar unha actuación, que correrá a cargo da escola de música pobrense.