Salvaxe serra


Hai poucos días, os incendios asolaron de novo a serra do Barbanza. En concreto, unha fermosísima paraxe que está por riba da aldea de Mosquete e ao redor do castelo de Vitres. Trátase dunha das áreas da serra nas que se produce unha das confluencias máis exquisitas entre a etnografía, a arqueoloxía e a paisaxe. Debido ao abandono da gandaría, hoxe esa zona é unha auténtica caldeira chea desas caloríficas xestas e toxos. Todo indica que este incendio, como a maior parte dos que se rexistran con demasiada frecuencia na serra, foi intencionado.

É soamente un episodio máis dunha constante: o abandono do noso principal recurso cultural, ambiental e paisaxístico. A serra do Barbanza, que se atopa repartida entre diferentes concellos e propietarios, parece un salvaxe oeste, no que se levan a cabo prácticas que son absolutamente deplorables. Caza furtiva, incendios, apertura de pistas inútiles, reforestación pouco controlada.

No canto de ser o que é, o corazón e o núcleo da identidade da nosa comarca, un auténtico milagre na costa occidental europea, é como ese patio traseiro no que temos o alboio, o galiñeiro, os somieres vellos, o baúl da emigración do bisavó e as botellas de cristal de cando aínda faciamos caña do país.

A xente de Barbanza e as súas institucións deberiamos dar un paso adiante e reivindicar unha xestión integral da serra, que a protexa e a potencie. Mantendo os usos gandeiros tradicionais dos que temos constancia desde hai miles de anos, protexendo e investigando o seu patrimonio cultural e convertendo esta paraxe única nun recurso para a vindeira xeración.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Salvaxe serra