Mauro Riveiro

La Voz

BARBANZA

CEDIDA

20 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

1. O seu mellor momento para a lectura. Calquera momento é bo para ler.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Libros que me recomendan outros compañeir@s, ou de escritores/as coñecidos.

3. Que lle achega a lectura? Saír da realidade na que vivo e, por un intre, centrarme de todo no libro.

4. Os seus libros favoritos. Memorias de Idhún, de Laura Gallego; A historia interminable, de Michael Ende, e O mundo secreto de Basilius Hoffman.

5. Un xénero literario. Hai uns meses diría épica ficción, pero estoulle collendo gusto aos thrillers.

6. Un personaxe e un espazo literario. Kirtash, de Memorias de Idhún. Ao espazo non lle concedo moita importancia.

7. Que está a ler agora? O mundo de Sofía, de Jostein Gaarder, e Viaxe ao centro da filosofía, de Nemrod Carrasco.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. En galego, Fernando Cimadevila; noutro idioma, Laura Gallego.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? O fútbol. Tamén gozo moito coas series.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. Faríame ilusión ver Rianxo como foco de acción dunha boa novela.