30 sep 2019 . Actualizado a las 21:18 h.
A última enquisa sobre o coñecemento e o uso do galego amosa uns resultados cando menos sorprendentes ao establecer un incremento no número de barbanceses que empregan exclusivamente ou maioritariamente o galego. Sen dúbida é unha gran nova para a lingua, pero de xeito paralelo resulta que cada vez se escoita máis o castelán nas vilas da comarca, e o coñecemento do idioma autóctono por parte dos cativos é cada vez menor. Igual non hai tantos motivos para felicitarnos.