Os veciños poderán asistir mañá a representación de Neorretranca e Posmorriña, unha función que é a fusión de dúas pezas escritas por Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte
13 jun 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Mañá • Auditorio de Rianxo • 21.00 horas • 5 euros • Un cadro artístico do Centro Dramático Galego desembarcará mañá en Rianxo para poñer en escena Neorretranca e Posmorriña, unha función que é a fusión de dúas pezas escritas por Esther F. Carrodeguas e Roi Vidal Ponte, baixo a dirección de Gena Baamonde. Enriba das táboas do auditorio situaranse unha decena de actores, entre os que se atopan Areta Bolado, Ánxela Blanco, Mercedes Castro, Raquel Espada ou Olga Cameselle; que ofrecerán dúas olladas moi diferentes arredor da identidade galega, tema que é o punto de partida común de ámbolos dous textos.
A montaxe, de case tres horas de duración, está destinada a persoas a partir dos 14 anos. As entradas poderán adquirirse na billeteira do auditorio rianxeiro, que abrirá as súas portas unha hora antes de que comece a función.