O consumismo


Pode enviar os seus textos á dirección de correo electrónico redac.barbanza@lavoz.es

Para falar de consumismo, os anuncios publicitarios son un bo inicio. Xa desde pequenos nos bombardean cunha cantidade excesiva de xoguetes innecesarios. Dánnolos principalmente no Nadal, unha época pensada para estar xunto á familia, cos amigos... en xeral, coas persoas que amamos. Pero na actualidade esta non é unha festividade familiar, senón consumista, na que importa máis a cantidade de agasallos que poder ver aos teus seres queridos.

Pero non só a publicidade ten a culpa, tamén as ofertas, debido ás cales adquirimos máis produtos dos que realmente necesitamos. Ofertas de descontos, ofertas de dous artigos ao prezo dun... e ao final acabamos gastando máis do previsto. Parecen creadas con boa intención, pero en realidade están feitas para poder gastar o máximo posible. Porque, sexamos sinceros, quen non vai facer recados e ao final acaba gastando os cartos en chorradas innecesarias?

E, á parte das ofertas e da publicidade, está a propia persoa. Atopámonos na era dixital onde moita xente compra produtos só para lucilos nunha foto de Instagram e logo non os volve usar. Vemos como a sociedade se basea cada vez máis nos cartos e nas compras. Dez camisas das cales vamos usar tres, catro pares de zapatos dos cales usamos un, aneis extravagantes...

O peor é que despois de todo isto non valoramos o que xa temos: comida, casa, traballo... Pensamos máis no que non temos que no que temos. Este tipo de actos e pensamentos son os que fan que a sociedade vai cara atrás en vez de avanzar. Este egoísmo que está por enriba do compañeirismo fainos ser peores que os animais. Lois Campos. Alumnos do IES Plurilingüe Fontexería. Muros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O consumismo