Ricardo Seixo presenta o seu segundo poemario na vila rianxeira

La Voz

BARBANZA

BASILIO BELLO

O autor estará arroupado por Xosé Luís Axeitos, escritor e membro da Real Academia Galega, e polo rexedor local, Adolfo Muíños

13 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Auditorio de Rianxo • 20.00 horas • Versos noctámbulos é o segundo poemario escrito por Ricardo Seixo Fernández, un mestre e poeta nacido en Curtis que esta tarde desembarcará en Rianxo para presentar o libro. Na súa intervención, o autor estará arroupado por Xosé Luís Axeitos, escritor e membro da Real Academia Galega, e polo rexedor local, Adolfo Muíños. Está previsto que o colectivo Gosto de Vivir a Poesía e o grupo Maraxe realicen cadansúa intervención poética e musical para pechar o acto.