Pais coraxe


Cara e cruz

Seguro que calquera pai e nai daría a vida pola dun fillo, o seu ben máis prezado. Todos, dun xeito ou doutro, dedicamos a nosa existencia a loitar por eles, a tratar de educalos da mellor forma posible e a garantirlles, dentro das nosas posibilidades, un porvir próspero. Pero hainos que se ven obrigados incluso a pelexar con tódalas súas forzas para mantelos con vida, unha vida á que se lle puxo un prezo económico que as Administracións públicas, garantes da sanidade, non queren asumir.

Eses son os auténticos pais coraxe. Os que saen a flote despois de recibir a terrible noticia, esa diagnose médica que ninguén está preparado para escoitar, porque saben que son a única esperanza que lles queda aos seus pequenos. Exemplos hai moitos. Estes días saía á luz o de Sonia e o seu fillo Noel, que sofre un tumor cerebral e precisa fondos para un tratamento que a familia vai ter que sufragar. Máis preto están Celia e Caye, as irmáns con heteroplasia ósea. Os seus pais, Loló e Edu, levan meses recadando diñeiro para sufragar unha investigación que permita dar cunha cura para esta enfermidade.

Cando penso nestes casos sempre me vén a cabeza a imaxe de Lola Flores, cando lle pedía unha peseta a cada español para saldar a súa débeda con Facenda. Logo penso que aínda que cada galego ou cada español puxésemos un euro sería insuficiente, porque seguro que o número de casos irá a máis no futuro.

Entón fágome unha pregunta: como alguén pode decidir negarlle a un igual a posibilidade de vivir por unha cuestión económica? Despois vemos o malgasto sen control que se comete a diario.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Pais coraxe