Rechazo total

Manuel Velo BUZÓN DEL LECTOR

BARBANZA

04 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

A miña oposición á denominación Black Friday, que traducida ao noso idioma significa venres negro ou peste negra, ambas nos traen tristes recordos sendo a causa da morte de cen millóns de persoas. Non podo asumir este slogan importado de América do Norte, así como a tendencia que nos últimos anos impulsou a construción de grandes superficies para incitar ao consumidor, a modo de frautista de Hamelin e súa música que levou aos ratos afogarse ao río. Cando nós temos a enxebre frase oficial rebaixas, ou rebajas, para non permitir este atropelo as nosas linguas foráneas. Nos últimos anos, grupos de presión veñen chupar os nosos aforros para levalos a fóra, quen sabe si a paraísos fiscais, mentres o pequeno comercio o gasta na economía local.

Os gobernos participan nesta desfeita coa promesa da creación de postos de traballo, para recibir subvencións, leis a medida, vantaxes fiscais , recualificación do chan rústico a baixo prezo... Pero destrúen máis postos de traballo dos que crearon, non hai máis que ver as rúas cheas de comercios cerrados por asfixia da competencia desleal dos poderosos. Os pequenos comercios son de interese xeral e social, mentres que as grandes áreas esgotan o negocio e se quedan co valor urbanístico. Por estas razóns, votei en contra das grandes áreas en Boiro, por ser pan para hoxe e fame para mañá.

Como proba, aí temos Fontiñas, o pequeno comercio ía ben, hasta que abriu o centro comercial As Cancelas. Estes grupos económicos xogan ao Monopoli con nós. Non debemos aceptar tan mansamente este modelo de comercio se non queremos seguir emigrando fóra da comarca.