A monarquía

José Rodríguez Cabeza DESDE FÓRA

BARBANZA

06 nov 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Os últimos acontecementos corroboran que, efectivamente, foron as sempiternas forzas políticas retrógradas as que desestabilizaron a convivencia española que comezou no século XVII, pasando de ser a primeira potencia económica e política do mundo ata converterse nun país empobrecido e menosprezado no concerto mundial das nacións.

Pero esta situación acentuouse, fundamentalmente, dende principios do século XIX, coincidindo co inicio do constitucionalismo español imposto por Francia e secundado polas demais potencias europeas que, aproveitándose da nosa maltreita situación política, fomentaron a rebeldía do norte xeográfico español dando lugar ás guerras carlistas e convulsionando toda a pel ibérica ata que, a través dun golpe de Estado en 1923, Primo de Rivera, capitán xeneral de Cataluña, fíxose co control institucional monárquico que non soubo administrar e rematou co exilio de Alfonxo XIII, dando lugar á nefasta segunda República.

Porque o lóxico houbera sido que o novo réxime, teoricamente democrático, funcionara coma nos países da nosa contorna, pero remataron a paus por mor das liortas entre socialistas, comunistas, independentistas e nacionalistas -igual que agora- e unha dereita invertebrada e adulterada -case como agora-. Consecuencia, un estado, novamente, ingobernable e ingobernado. Solución elemental, un novo golpe de Estado en 1936. Aínda que case estamos na réplica daquel mesmo cadro, dispoñemos dunha importante ferramenta chamada Felipe VI aínda non derrocado. ¡Cómpre, pois, defender a nosa monarquía!.