Corrixir a tempo


Desde fóra

Hai  uns días tiven un conato de roubo nunha vivenda e fixen dúas chamadas, unha á Policía Local pobrense e a outra ao posto da Garda civil en Boiro. Por parte de ámbalas dúas tiven resposta inmediata acudindo unha parella de cada corpo para corroborar o feito e levantar o correspondente atestado para o seguro. En fin, do máis normal nestes casos, pero que me levou á seguinte reflexión.

Deixando de lado á Policía Nacional, á que non chamei, alí estábanse producindo dous feitos de especial relevancia, por unha banda un dobre gasto e pola outra unha dobre xerarquía de mando, a do alcalde da Pobra e a da subdelegación do goberno, e pensei que se en Galicia tamén tiveramos policía autonómica propia, como en Cataluña -Mossos d’Esquadra-, en Euskadi -Ertzaintza-, en Navarra -Foruzaingoa- e a Policía Canaria, podería producirse, segundo a Lei Orgánica 2/1986, a concorrencia de ata catro corpos policiais e tres escadas de mando.

Como non se podía esperar menos, o goberno catalán asevera ter a exclusiva competencia sobre a súa policía autonómica e asístelle tanto a legalidade como a lóxica. Por exemplo, ninguén pode suplantar a ningún alcalde de España en materia de policía municipal, como tampouco ningún alcalde pode dar ordes aos demais corpos de seguridade. Agora ben, nada impide, sendo urxente, que o Congreso modifique a devandita lei de tal xeito que non se produzan estes esperpentos. Non se entende que se estea reivindicando un espazo de seguridade europeo único e compartido mentres mantemos un sistema policial atomizado de incalculables e indesexables consecuencias.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Corrixir a tempo