A Segunda República

José Rodríguez Cabeza DESDE FÓRA

BARBANZA

28 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Estou especialmente ledo coa decisión do presidente Sánchez de abrir a caixa de Pandora do Val dos Caídos, porque esta iniciativa vai poñer a cada quen no seu sitio e non será, paradoxalmente, o socialismo español o que mellor parado sairá do gran debate que isto vai suscitar. Pode que tamén sirva para desenterrar os mortos da fonda ladeira que pola estrada cara Noia baixa dende Cadarnoxo (Boiro), e que algúns vellos me contaron que tanto os falanxistas coma os da fronte popular aproveitaban para desfacerse das persoas que asasinaban nos famosos paseíllos da época, que Indalecio Prieto definiu en Cartas a un escultor como «ejecuciones sin sumario que se prodigaron en las dos zonas de España y que nos deshonraron por igual a los españoles de uno y otro bando».

A Guerra Civil, xurdida da sublevación militar en 1936, apenas tivo incidencia en Galicia en comparanza cos demais territorios españois, aínda que esta terra aportou moitos soldados recrutados por ámbolos dous bandos. Coñecín a dous feridos de guerra do bando republicano, un do Camiño Ancho da Pobra e outro de Palmeira, que foron inxustamente discriminados por Franco en relación cos nacionais, entre eles o meu sogro, que no tardo-franquismo foron xenerosamente recompensados. Unha torpeza política que logo non reconduciron Adolfo Suárez e Calvo Sotelo nin tampouco despois Felipe González, de quen esperaban que o fixera.

Coido, pois, que será moi atinado que a xente de hoxe en día coñeza este tipo de episodios como tamén a situación xerada pola esquerda socialista e comunista durante a Segunda República.