Manolo Dieste, no corazón

La Voz

BARBANZA

04 jun 2018 . Actualizado a las 11:38 h.

Benquerido Dieste, compañeiro de combates e amigo, digo compañeiro de combates, pois algún tivemos, e amigo, xa que a amizade soubémola manter ao longo do tempo

....

Lembro os cafés que tomamos, aínda que na argumentación política da conversa non nos poñiamos de acordo, sempre rematabamos falando do que nos unía, fuxindo do que nos separaba

....

A vida volvíanos a xuntar, esta vez no CHUS, pelexando os dous pola saúde. Atopei un día a outro común e prezado amigo do Concello, Suso Pérez, e doume o teu teléfono. Chameite, falamos e a túa despedida foi «temos que volver ao Concello»

....

Naquel intre non souben que era a nosa derradeira aperta, agora seino, e gárdoa no meu corazón.

....

Amigo, grazas por agasallarme coa túa amizade