Atrapado


Como portavoz do grupo do PPdeG no parlamento galego, Manolo Ruiz dixo, en abril do 2010, que non consideraba factible o enlace dende a AG-11 do Barbanza coa AP-9 en Catoira que lle demandaban as patronais de Ribeira, A Pobra e Rianxo, e tiña razón, porque, como político intelixente que é, xa albiscaba que non ía haber cartos para tamañas obras públicas e, polo mesmo motivo, tampouco os vai haber agora para o propósito do tema de hoxe.

Lembrarán que o ano pasado o sector agrogandeiro galego estaba moi preocupado pola sequidade climatolóxica, tanto que ata se manifestaban diante da Xunta pedindo axudas. Pois ben, como todos os galegos (e galegas) ben coñecemos, nunca escampou que non chovera. Así, como estudou o analista sueco Fredrik Segerfeldt, na terra firme deste planeta caen 133.500 quilómetros cúbicos de auga doce, dos que 72.000 evapóranse quedando un saldo de 61.500, polo que cada cidadán deste mundo dispón de 19.000 litros por día.

Sen embargo, como escribe o papa Francisco na súa Encíclica Laudato si’, de moi recomendable lectura, existen fundadas alarmas de sufrir escaseza de auga en moitos lugares polo que apela a que se debe actuar con urxencia. Como comentaba no meu artigo do 10/02/2017, (sic) «a auga non escasea en Galicia, o que escasea son os encoros». Agora ben, ¿hai cartos para arranxalo? Entre os que se levan os nacionalistas vascos e canarios e os que se rouban e mal administran, o PPdeG de Feijoo está atrapado polo PP de Rajoy. Descoñecemos cal será o mapa político galego nas vindeiras eleccións, pero unha nova maioría absoluta sería letal para Breogán.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Atrapado