-Fala de recuperar o espírito de DMD Barbanza, ¿que pasou ao longo deste primeiro ano?
-Xurdiron unha serie de diferenzas coa actual directiva de DMD Galicia que mantiveron freado o labor do colectivo en Barbanza. Eu espero recuperar a todas as persoas que no seu día se embarcaron neste proxecto e que se foron como consecuencia destes problemas, pois considero que é unha entidade imprescindible para a comarca.
-¿A quen lle gustaría ver o domingo na homenaxe que terá lugar nas Furnas?
-Vai estar moita xente que eu quero ver alí, pero é certo que veño botando en falla nos últimos anos a algún directivo da federal de Madrid de DMD. Sei que están traballando arreo para sacar adiante unha iniciativa parlamentaria que permita aprobar a eutanasia, pero si é certo que me gustaría ver a algún representante na homenaxe a Ramón Sampedro nas Furnas.