O lector: Juan Mosquera Rodríguez

La Voz

BARBANZA

29 sep 2017 . Actualizado a las 10:47 h.

1. O seu mellor momento para a lectura? Despois de comer ou á noite.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro? Adoito ser fiel a certos autores. Tamén o resumo da contraportada e opinións de xente de confianza.

3. Que lle achega a lectura? Permite viaxar sen moverte. Enriquece o vocabulario, a gramática e a ortografía.

4. Os seus libros favoritos. La historia interminable, de M. Ende; Carrie, de S. King e Memorias de Idhún, de L. Gallego.

5. Un xénero literario. Fantasía épica, novela histórica ou terror psicolóxico.

6. Un personaxe e un espazo literario . Cathan Tauro da triloxía Aquasilva, de A. Audley. Como espazo, o universo de Azeroth.

7. Que está a ler agora? La marea de hielo, o cuarto título de La caída de los reinos, de M. Rhodes.

8. Un autor galego e outro noutra lingua. Agustín Fernández Paz e Stephen King.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Gústame a natureza, os amigos, a familia, a interpretación, os videoxogos e algunha serie ou película.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. A ruta do Pozo Bastón, en Rianxo.