Ven a luz dúas obras con sabor salgado

La Voz

BARBANZA

sande

Trátase de libros asinados por Santiago Llovo Taboada e Luis de Carreira

01 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Xoves • Casa consistorial de Carnota • 19.00 horas • Venres • Casa de cultura de Porto do Son • 20.00 horas • Nos vindeiros días terá lugar a presentación de dous libros cun denominador común, a súa vinculación co mar. O xoves, Santiago Llovo Taboada falará de As salgaduras de Carnota. Xunto ao autor estarán a conselleira do Mar, Rosa Quintana; o rexedor local, Ramón Noceda; e Lucila Ventoso, de Meubook, a editorial.

Este escritor compostelán xa ten publicados outros libros de temática similar, como Mar de Outes e Memoria salgada dun pobo.

E o venres collerá o relevo, na casa de cultura sonense, Luis de Carreira. Tamén da man da editorial Meubook e da asociación cultural Sonora, o escritor presentará Contos do mar do Son, un conxunto de relatos que xiran ao redor das xentes desta vila mariñeira.