Os dorneiros terán esta noite ocasión de escorrentar as bruxas e limpar o espírito e máis a gorxa nunha macroqueimada
21 jul 2016 . Actualizado a las 05:00 h.Os dorneiros tiveron onte ocasión de coller forzas para afrontar a recta final da 68 singradura. Conscientes de que a partir de hoxe o programa se intensifica para chegar no fin de semana o seu punto álxido, integrantes de diferentes peñas participaron na travesía das culturas, unha viaxe de carácter gastronómico. A primeira parada foron media ducia de establecementos hostaleiros da cidade, onde os clientes tiveron a oportunidade de viaxar, a través do padal, a México, Francia, Italia, India, Xapón, Valencia, Portugal e ata a época celta.
A segunda parada foron os arredores do cruceiro da Saúde. Alí, representantes da colonia de inmigrantes afincados en Ribeira agasallaron aos dorneiros con doces típicos dos seus países de orixe. Nin que dicir ten que a música estivo moi presente en toda a xornada.
Macroqueimada
Hoxe • Adro da igrexa • 21.30 horas • Os dorneiros terán esta noite ocasión de escorrentar as bruxas e limpar o espírito e máis a gorxa nunha macroqueimada , que amenizará o grupo Perfussion and Friends. Previamente haberá unha procesión das queimadoras. Para ir caldeando o ambiente, ás 20.00 horas actuará, na Porta do Sol, o grupo Sonaxe, formado por rapaces de 8 a 15 anos.