As derradeiras eleccións xerais que, como xa lles adiantei, non remataron o pasado 20D, deixaron un retrato un tanto esperpéntico que compre analizar con certa sutileza, para o que imos facer un inxenuo exercicio de imaxinación tomando como base unha hipotética fusión dos once concellos de Barbanza-Muros-Noia, nos que só podería gobernar en solitario o PP en Outes e Mazaricos. Nos demais entrarían en xogo as políticas de pactos ou acordos, que é o que está de moda porque así o decidimos nós, os votantes.
A esta imaxinaria fusión de case cen mil votantes corresponderíanlle, como un único concello, vinte e cinco concelleiros, cando por separado suman 157, un aforro nada desprezable en cartos, aínda que sería ingobernable, pero iso é outro conto. Feitos os cálculos correspondentes, seguindo o sistema D?Hont, a dereita teórica, xa que a real non existe, acadaría once escanos (9 do PP e 2 de Ciudadanos), mentres que a esquerda real, que existe porque a dereita quere, sumaría doce (PSOE 5, En Marea 6 e Nós 1) pero, como sexa que faltan dous para completar, ¿onde están?. ¡Oh, sorpresa!, no apartado de «Otros» do listado que La Voz de Galicia publicou o día 21D con 5.916 votos.
Agora ben, non contando eses sufraxios, como de facto así é, entón a dereita pasaría a ter 13 escanos e a esquerda 12, o que nos leva a unha clara conclusión de que o noso actual sistema electoral non reflicte a realidade da vontade expresada polo pobo. Un paradigma disto está en que tamén, a nivel nacional, os 797.518 votos espallados entre vinte e sete candidaturas houberan resolto o galimatías no que España está metida