O cabeza de cartel afirma que a súa formación non vai «prometer por prometer» e que traballa en plans concretos
07 may 2015 . Actualizado a las 05:00 h.Leva moitos anos vinculado ao BNG e, agora, Ramiro Ouviña (A Pobra, 1947) decidiu encabezar a lista.
-¿Como afronta a campaña?
-Co convencemento de que na candidatura imos un grupo de xente independente e traballadora. Somos a única lista capaz de ser alternativa real de goberno deste Concello.
-¿Cal é a situación da Pobra?
-Fanse avances e retrocesos. Cada unha das cousas que se realizan importan en función da súa incidencia na sociedade. Esas bonanzas das que presume o PP non acaban de notarse nun desenvolvemento poboacional, económico e social da vila. O municipio ten sempre as mesmas eivas e non se presentan solucións a eses problemas.
-¿Que propón o BNG?
-Traballar en todo o municipio. Nós non queremos pasar folla, queremos cambiar o libro. Temos un programa pensado para lograr a transformación. Son moitos os aspectos que abordamos, como a eliminación de barreiras arquitectónicas, o establecemento da velocidade máxima de 30 quilómetros hora no casco urbano, a creación de itinerarios seguros para que os alumnos vaian a pé ás escolas...
-A Pobra ten un polígono industrial cheo e está á cabeza en descarga de túnidos. Sen embargo, a poboación non aumenta. ¿Como pensa cambiar iso o BNG?
-Sabemos que a falta de servizos motivou que algunhas parellas mozas se estableceran en municipios limítrofes. Nós buscamos crear as condicións obxectivas que permitan fixar poboación mediante estímulos, como a posta en marcha dunha gardería municipal. Ao mesmo tempo, apostamos por facer o macropolígono industrial porque as empresas teñen que ter chan e porque tamén os concellos limítrofes o precisan. Tamén temos un importante compromiso medioambiental para solucionar determinadas situacións que se rexistran na actualidade.
-Se chega a gobernar, ¿cal sería a súa primeira acción como mandatario?
-Inspeccionar o Concello de arriba abaixo para coñecer a situación, saber como está. Non temos problema en asumir cada unha das cousas boas e malas. A partir de aí, empezar a poñer en marcha os plans que nos van permitir reactivar a economía do municipio.
-Por motivos laborais pasou moito tempo fóra, ¿como están sendo os primeiros encontros cos veciños?
-Hai sintonía. Eu son un home deste pobo e unha persoa implicada co mesmo. A xente coñéceme e sabe que eu son do BNG, e sábeno dende o 77.
Ramiro ouviña candidato do BNG da Pobra
Un libro
Moby Dick Unha película
Tempos modernos Un espazo
O mar Un político
Alexandre Bóveda Unha cidade
Nova York Unha comida
As que fai a miña muller, María
Un deporte
Fútbol Un personaxe histórico
A revolta irmandiña
Unha canción
A blood, sweat an tears
Un desexo
Ser feliz