O BNG de Noia presentou a súa web para «interactuar» cos veciños

Marta Gómez Regenjo
M. Gómez NOIA

BARBANZA

A páxina inclúe novas da organización, axenda e a posibilidade de descargar «A Subela»

18 mar 2015 . Actualizado a las 17:27 h.

O BNG de Noia vén de presentar a súa nova páxina web, unha ferramenta para comunicarse e «interactuar» cos veciños e que se considera imprescindíbel para que a organización «poida levar a cabo unha actividade política útil, eficaz e con proxección».

A páxina web, baseada en software libre, aloxada na infraestrutura do BNG e co dominio .gal, conta entre os seus contidos cun apartado de novas, axenda, un espazo para asuntos puntuais e a posibilidade de descargar a publicación mesual da formación nacionalista noiesa, A Subela. Segundo explicaron os responsables da agrupación, o obxectivo desta nova web é dar a coñecer a actividade do Bloque, tanto da organización en si coma do grupo municipal e da candidatura que se presentará ás eleccións do próximo mes de maio.