O vicepresidente da Xunta desprazouse ao municipio para asinar un convenio de colaboración
28 ene 2015 . Actualizado a las 05:00 h.Concello de Lousame e Xunta veñen de asinar un convenio de colaboración que permitirá, a curto prazo, que os veciños de Lousame
disfruten
dun lugar rexenerado medioambientalmente e con novas instalacións. Trátase do Bosque do Neno, un amplo espazo que conta con distintas especies de árbores e plantas autóctonas e que engloba o polideportivo e piscina municipais, o colexio Cernadas de Castro e o novo campo de fútbol. En total, vanse investir nesa zona 33.000 euros, dos que o Goberno autonómico achegará 25.000 euros. A alcaldesa, Teresa Villaverde, explicou que as obras comezarán de inmediato.
Para a sinatura do convenio desprazouse a Lousame o conselleiro Alfonso Rueda, que puido ver de preto as obras realizadas con cargo ao canon eólico.