A mellor tripulación navega co himno dorneiro

Ana Gerpe Varela
A. Gerpe RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

Unhas 300 persoas viron en trece bares a estrea do vídeo e en Internet houbo más de mil reproducións en menos de 24 horas

08 dic 2014 . Actualizado a las 16:34 h.

Non era 24 de xullo, senón 6 de decembro, pero a marea dorneira mostrouse coa súa forza. A estrea simultánea do vídeo co himno en trece locais hostaleiros de Ribeira foi todo un éxito, ao igual que o están sendo as descargas en Internet a través do Facebook da Festa da Dorna. Integrantes da Real e Ilustre indicaron que por riba das 300 persoas se deron cita nos bares, ás 21.30 horas do sábado, para contemplar a primeira emisión da montaxe feita coas imaxes e o son tomados durante o concerto que Os Diplomáticos de Monte Alto ofreceron este verán.

Ao mesmo tempo, en menos de 24 horas xa se rexistraran máis de mil reproducións do vídeo colgado en Internet. A mellor tripulación volveu navegar ao ritmo do acordeón.

A presentación

Antes da proxección, no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira, o presidente da Real e Ilustre, Eduardo Iglesias; o autor do himno, Santiago Páramo; o integrante de Ancoradoiro Juancho Rivas, e os profesionais do estudo fotográfico Lesmes Manuel e Flora Iglesias, explicaron detalles sobre a letra da canción, a música e a gravación feita o pasado verán.

Santiago Páramo indicou que a intención era facer una canción irónica, que relatase ao mesmo tempo as actividades que formaban parte da recuperada celebración e que trasladase termos do mundo mariñeiro a o ámbito da festa.

En canto ao feito de que fose musicada polos Diplomáticos, Páramo comentou que tanto el como outros peñeiros tiñan relación coa banda dende 1993, ano do seu primeiro concerto en Ribeira, e indicou que o grupo se mostrou partidario de contribuír á travesía dorneira. O 24 de xullo de 1998 interpretárono por primeira vez na cidade xunto con Ancoradoiro.

A participación do estudo de fotografía Lesmes de Ribeira tampouco é casual, dado que Carlos, tío de Manuel e Flora Iglesias, foi un dos refundadores da festa tal e como se coñece na actualidade.