A Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do próximo Día das Letras Galegas, convoca un concurso, entre os centros de ensinanza non universitaria da Consellería de Educación, para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2012, Valentín Paz Andrade, e sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.
Potenciar o estudo da obra e da época de Valentín Paz Andrade e propiciar a reflexión sociolingüística sobre esta etapa histórica son algúns dos obxectivos que persegue a iniciativa. Os traballos dos centros deberán entregarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. O xurado terá en conta criterios como a ampliación da perspectiva de coñecemento do autor homenaxeado ou o nivel de implicación e incidencia na comunidade educativa.