¿O fin das vivendas abandonadas?


Ofeito de que centos de casas esmorezan nas nosas vilas, cidades ou aldeas sen que os seus propietarios as conserven axeitadamente é algo co que xa estamos afeitos a convivir, pero é algo sobre o que poucos de nós reflexionamos ao respecto; procede do concepto de propiedade do dereito romano, pero non é coherente coa sociedade actual, máis partidaria de que por riba dos intereses particulares está o ben común, e que xa se fala da función social da propiedade.

As casas mal conservadas ou a máxima de «eu na miña propiedade fago o que quero» teñen os días contados, xa que a lei de vivenda aprobada pola Xunta de Galicia faculta a expropiación das edificacións baleiras ou en malas condicións, de modo que se alguén deixa arruinar unha casa da súa propiedade, entran en funcionamento os mecanismos expropiatorios da Administración en prol da comunidade, mantendo as condicións de habitabilidade, seguridade e integración na paisaxe ou lugar no que se atopa.

A lei galega de vivenda incluso vai máis alá na procura do dereito a un fogar, porque as edificacións expropiadas teñen que ser rehabilitadas para convertelas en vivendas en aluguer, cumprindo o precepto da función social de que fai bandeira.

Calquera cidadán pode exercer a acción pública e esixir o cumprimento desta lei, obrigando ás Administracións a actuar en consecuencia, librar unha orde de execución e expropiar a edificación nos supostos de pasividade do propietario, incluso coa ocupación temporal da edificación para as obras de rehabilitación.

Pero nestes tempos que corren, nos que as arcas municipais non están para tracas, poucos concellos poden acometer esta empresa de renovación urbana; mentres concellos como Ourense ou Santiago de Compostela expropian regularmente os edificios descoidados, para os pequenos a única vía pasa pola subrogación na propia Xunta de Galicia, que é a única Administración con capacidade económica para acometer a expropiación e a rehabilitación, a instancia de particulares ou do propio concello.

Xa hai ata exemplos de renovación urbana integral, á marxe dos seus propietarios: barrios enteiros como é o caso de A Tinería, en Lugo, cun investimento de trinta millóns de euros; ou o poboado de Fontao, nas Cruces, recuperaron o seu esplendor mediante a rehabilitación integral promovida por parte do Instituto Galego da Vivenda e do Solo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
29 votos

¿O fin das vivendas abandonadas?