A patria e mailo Bieito

Protágoras

BARBANZA

¡Deus me aparte!, diría con Olegario se é que non fose eu un ateo militante. Mais non vou a comentalo, por máis que me tente o demo. Que a outros comentei antes de categoría máis baixa -¿qué digo?; case a ras de chan das mesmas- e mesmo o anxo da garda, que exerce de parte do seu mandato por esta parte do ceo, case me chimpa ó inferno por descastado. Así que non entro nisto. Pero vaia, posto que non sobra nada e isto ven que nin pintado ó valernos arrancada do que pensamos dicir.

No mesmo día do noso artigo pasado, en outro de maior rango, era o noso presidente -Santiago Rey Fernández-Latorre, editor non só da Voz de Galicia.es (en onde aínda se pode ler), senón tamén da mesma Voz de Barbanza- quen dicía que «Contra la resignación» «[?] el desánimo es estéril y no podemos entregarnos a él.»/«El 25 de julio, día de Galicia y del patrón de España, es una fecha solemne en la que todo pide iniciar algo nuevo. Hoy, sin duda, en este preciso instante de la historia, es el momento de recuperar la energía y plantearnos salir del pozo. El momento de reclamar, ya, un cambio de rumbo a quienes tienen la responsabilidad de poner fin a este callejón sin salida».

Quen sabe se é que non foi por isto que, con este mesmo espírito que nos regala a mensaxe do citado, o Olegario e máis eu acudimos o 25 pola mañá a Santiago, a pesar de estar moi claro, ultimamente, que para nós o 25 de xullo xa non será nunca máis Día da Nación Galega.

Pasaron aqueles días en que iamos a Rianxo. Dende Ferrol e de Vigo, dende Ourense e de Santiago e dende cantos outros tantos moitos puntos de Galiza, xuntabámonos en Tanxil. Alí transcorría o día entre camaradas, como nunha romaría, baixo sombras arboradas pretas ó frescor do mar. Unha vez que era organizada a estancia, nun reparto equitativo de tarefas, en espazos e respiros, despois da comida, había quen se dedicaba ós xogos, a unha plácida lectura, a unha volta pola praia, a un bo baño refrescante ou quen a unha charla amiga de quen non durmise a sesta. Porque -tamén é verdade- para durmir sempre hai.

Xa en caendo a tardiña, ó mesmo tempo que o sol, superado o alto escaso de entre Tanxil e Rianxo, íamos baixando a costa en busca do busto de Castelao, que se atopa nunha praza deste pobo, nos xardíns de xunto ó mar. E por último, despois dun saúdo breve que o PCG lle ofrecía, ca mesma tiña lugar o acto de entrega floral ó noso ilustre galego. Era só un humilde acto. Mais, ó parecer daquel tempo cara a nós, o existir era bastante, cando hoxe somos nin nada.

E, se non, xa de perdida a esperanza de volver a celebrar o mesmo día, sería tamén por isto que achegamos a Santiago o pasado 25, por mor de se atopabamos neste lugar este día, na vez de aquel, unha Patria. ¡Que tremenda decepción! A manifestación do BNG durou só, en plena coincidencia de tempo, o de saída e da entrada, sen ter outro percorrido. E así vimos ó Bieto, en procesión, ó de Noia. Un ver non ver, se ben de seguida outro, mesmamente coñecido, pero de maior fachada. E xa estamos na Quintana, onde baixo un sol de xullo, situados no fondo, pero sentados, no alto da escalinata, contemplamos recheos de algarabía que se ofrecen en profusión ós dirixentes do palco. Deste sae, así como de repente, de ultratumba, unha voz como ben vida, detrás doutra derreada, para dicir algo así: Se e que en España non cabe Galiza como nación, entón é que é necesario outro modelo de Estado.

Naquel intre foi cando dixo Olegario: «Vámonos de aquí, Protágoras. Que aquí todo se vai en palabras. E estes son como os de Noia: uns só viven de vendelas, como outros viven de usalas. Mentres que a nós, por moita Patria que defendéramos antes, e o mesmo na petición do indulto por Arestiño, nin Bieito nos fai caso».

Mais a min pouco me estraña, porque, se Matria é que ten fillos, a Patria ten que coidalos; e desto, case seguro, que Bieito non saiba nada.