Parameán, o nome polo que se coñece a praia de Esteiro, no municipio de Muros, fai alusión a unha pedra que hai xusto no medio do areal; detalle natural perfectamente conservado que se reflicte no topónimo que xerou, pois Parameán vén do latín petramediana, isto é, «a pedra do medio», aínda que petramediana debería evolucionar, en xénero feminino, a parameá, no canto do existente Parameán, forma esta que, non obstante, é a propia do galego costeiro ou occidental, onde se usa a forma masculina para os dous xéneros, tanto para o masculino propiamente dito, como para o feminino, verbigracia «o meu irmán» e «a miña irmán», o que se cumpre tamén para Parameán, que no interior de Galicia si sería Parameá, como nesa zona distinguen «o meu irmán» da «miña irmá».