JOSÉ LUIS TORRES COLOMER | MANDATARIO RIBEIRENSE
02 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.?ando comece o ano 2008, o alcalde ribeirense, José Luis Torres Colomer, tomará as rendas da mancomunidade. O mandatario fai unha valoración moi positiva do traballo desenrolado ata agora por Arousa Norte. Asegura que en materia turística se apostou por un modelo de calidade, sostible e diversificado e subliña outros aspectos: «Demostramos que a unidade nos permite acadar novos obxectivos, metas que por separado non seríamos quen de lograr». O responsable ribeirense destaca que hai moitos aspectos que converten en atractiva a zona para que sexa visitada non só na tempada estival, senón durante todo o ano: «Os alcaldes somos plenamente conscientes da necesidade de apoiar todas aquelas iniciativas que poidan contribuír a incrementar a competitividade e produtividade do sector». Como exemplos para afianzar as súas palabras, Torres Colomer alude ás praias, a ampla rede de museos existente e a gran cantidade de restos arqueolóxicos. Sen embargo, os plans de Arousa Norte precisan da implicación decidida dos hostaleiros, Torres cree que a liña de traballo seguida para animalos a formar parte do consorcio é boa. Aínda que alude tamén a necesidade de que o sector faga forza común tanto na defensa dos seus intereses como na aposta pola profesionalización.