SUBVENCIÓNS ECONÓMICAS
26 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.? día 16 publicáronse no Diario Oficial de Galicia as bases das subvencións, correspondentes ao 2007, destinadas a empresas privadas para a creación e mellora de establecementos turísticos. Con esta axuda, os emprendedores poderán contar con apoio económico para a creación de determinados aloxamentos. A novidade é que a Xunta incorpora ás pensións, igualándoas así ao resto de aloxamentos. Juan Sieira, representante deste sector dentro de Aetan, valora de forma moi positiva a incorporación, xa que está foi unha das demandas efectuadas ao representante de Turismo, Rubén Lois, hai uns meses, cando acudiu á comarca para falar cos representantes do sector. Estas aportacións económicas serven tamén de estímulo para a mellora e a competitividade dos establecementos que están funcionando, apoiando así o incremento da calidade dos servizos. Para moitos empresarios é un obstáculo importante a xestión e cumprimentación dos formularios necesarios para a solicitude da axuda, polo que Aetan ofrécese para asesorar en todas aquelas dúbidas que os profesionais de Arousa Norte puideran ter. Juan Sieira asegura que deste xeito tamén se suman esforzos.