Investimentos

JOSÉ RAMÓN VÁZQUEZ

BARBANZA

TRIBUNA ABERTA | O |

08 mar 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Á XESTORA do Partido Popular de Rianxo resúltalle verdadeiramente anecdótico e electoralista que en pleno século XXI, e atopándonos no 2007, despois de moitos anos de goberno, sexa na actualidade cando se realiza o saneamento no 70% do municipio. O que chama a atención é: ¿Que se fixo durante tantos anos? Por que si na actualidade se están a acometer investimentos por importe de catro millóns de euros nos abastecementos de auga e saneamento en diversos núcleos rurais, en definitiva, o 70% da poboación, ¿en que se investían con anterioridade os fondos públicos?. Pero non é esta a única situación de deixamento que sofre o municipio marítimo de Rianxo. Na actualidade estase a realizar a construción da piscina climatizada, pero durante décadas, os veciños da localidade tiveron que desprazarse a Ribeira, a continuación a Padrón e na actualidade a Boiro, onde teñen un gran complexo deportivo. Todas estas vilas están gobernadas precisamente polo Partido Popular. Desenrolo O mesmo podemos dicir da galescola, do mercado municipal e de moitas outras infraestruturas que non daban chegado a Rianxo, por non falar do polígono industrial, que pode considerarse imprescindible para o desenvolvemento económico e social da vila. Na actualidade a localidade conta coa mesma poboación que en 1950. Con respecto ao saneamento nos núcleos rurais, consideramos que ten unha connotación electoralista, tendo en conta que o PXOU, retardado na actualidade e que tardará anos en aprobarse definitivamente, prexudica seria e gravemente os intereses dos veciños. Na actualidade, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ten ditada unha sentenza por construír de forma ilegal en solo rústico un serradoiro de pedra en Asados, en contra do informe emitido pola Consellería de Política Territorial. Carencias Rianxo tiña que ser un municipio que fora á vangarda do Barbanza, e sen embargo, sufrimos moitas carencias que non tiñan por que darse. Unha das principais é a dos aparcadoiros públicos, cunha falta total de previsión, como ocorre na urbanización de A Martela, onde o Concello tivo que recorrer a un aluguer privado para solucionar este problema nunha zona afectada por diversos servizos públicos, coma o centro de saúde, a galescola e o xulgado.