«Traballamos nun libro da minería»

La Voz

BARBANZA

08 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Nos dez anos que leva en marcha o proxecto auspiciado por López Otero, foron moitos os estudos de artesanía que editou o Faiado. -Non me quero esquecer de ningunha, todas tiveron a súa importancia. Desde o libro Artesáns do pobo ata o primeiro Caderno de poesías no Faiado, pasando por A serra boirense do Barbanza, Percorrendo o Barbanza, O mar do Barbanza ou Lembrando a Ramón Fernández Mato, co prólogo do presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro. E fixemos un tríptico cos roteiros literarios de Boiro, para recordar aos nosos escritores. -¿Cales son os seus proxectos inmediatos? -Traballamos nun libro sobre a minería, do que fixemos unhas xornadas moi innovadoras. Incluirá un mapa dos vestixios mineiros para aproveitalos de cara ao turismo. Estamos a rematar un libro sobre os muíños de Boiro, que se publicará no verán dentro da colección de cadernos culturais do Concello boirense. Creo que se pode aproveitar máis o potencial turístico dos miradoiros, cunhas vistas formidables.