www.lavozdegalicia.es/ed_barbanza/opina.jsp Ningún mandatario se ha preocupado Desde que Ribeira é Ribeira ningún mandatario se preocupou dos aparcamentos, e agora temos o problema do estacionamento. Certo é que hai dous aparcamentos de pago agora. Pero cando se fixo o recheo de toda a avenida do Malecón, desde a praza ata cerca da residencia de maiores, ese espazo sería o ideal para dedicalo a esa finalidade e a baixo custe. Pero non hai ideas e cando as mandas non fan caso, como ocorreu co proxecto do carril bici desde o paseo marítimo ata a escola náutica. A imaxinación ao poder. Manuel Domínguez. Ribeira. Estar por estar Nunca ninguén tivo interese en crear unha solución. Cara o futuro. Todas as edificacións deberían ter, se é posible, aparcamento nos seus sotos. As rúas que se fan agora son corredoiras, deberían ter unha anchura suficiente para que se puidera aparcarse en ambos os lados, e ese terreo que perden os construtores dárllelo en alturas. Pero non, fan chabolas... As Abesadas parece unha zona de barrios marxinais de calquera gran cidade. Culpables: os que mandan, por falta de visión, pero os principais responsables somos nós por votar. Habería que votar en branco ou non asistir, e deixar as cadeiras vacantes. Manuel Guerra. Ribeira. Falta de previsión É incrible que nas novas edificacións de carácter público que se constrúen na comarca barbancesa, e noutras zonas tamén, non se aproveiten mellor os espazos do subsolo para facer aparcamentos nos que meter os vehículos. Ela. Ribeira. Co fácil que é Cada vivenda nova obrigatoriamente por lei, ao conceder o permiso de obras, debe incluír unha cláusula na que se especifique que ten que haber unha praza de aparcamento para o cen por cento das vivendas do edificio e un 15% para as visitas. Fris. Berna.