FOTO DENUNCIA O peche das zona portuaria de Muros desata queixas

La Voz CORRESPONSAL | MUROS

BARBANZA

SANDE

21 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

COMO DENUNCIAR. Os interesados en publicar denuncias poden dirixirse ao email redac.barbanza@lavoz.es, ao fax 981 835 196, chamando ao 981 835 009, ou remitindo unha carta á dirección Praza do Centenario, 2, Ent B, 15960. Ribeira. Portos de Galicia decidiu pechar a zona destinada á reparación de barcos coñecida como O Varadero, na localidade de Muros. Esta actuación feita a semana pasada provocou un importante descontento entre os veciños da localidade porque a explanada era usada como aparcadoiro. Os residentes na vila están moi molestos coa decisión adoptada, pois entenden que no casco urbano apenas hai onde deixar os coches e agora quítanlle un dos poucos espazos que eran utilizados polos condutores, especialmente durante as xornadas festivas e tamén no verán.