LA LLAVE
07 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.PODE QUE nas vindeiras eleccións municipais nos atopemos cun amplo abano de opcións políticas, porque as crises constantes que veñen atravesando os grandes partidos a nivel local, os desencontros e as malas resolucións dos problemas internos están dando pé a un río revolto no que pescan formacións que buscan presenza por toda Galicia. A historia recente demostra que este tipo de aventuras, en ocasións, acaban decidindo gobernos; e, por outra banda, que estes pactos sostéñense con pinzas e rachan á primeira de cambio. Por iso máis que nunca faise necesaria unha lei electoral que inclúa segundas voltas e que dea o mando á lista máis votada. Ninguén ten que ter medo a isto porque obrigaría ao executivo electo a negociar cos demais partidos, a chegar a acordos, que é a esencia da democracia, e non os rodetes de intereses dispares que bloquean a xestión.