LA LLAVE
02 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.É VERDADE que unha cidade centenaria que aspira a ser capital turística ten que ter unha palmeira na súa da praza principal, por ser este tipo árbores características de atractivos destinos como o Caribe, as Canarias e esas referencias de revistas de viaxes que regalan nas axencias, por iso hai que protexela, polo seu carácter autóctono, moi noso, por outra banda. Polo menos parece que é o que pensan algúns, que xa ven a planta como un símbolo de identidade. Mágoa que este espírito proteccionista dun elemento alleo non estivera presente naquela sociedade que veu como a picaraña se levaba unha casa consistorial de estilo colonial, ou como o león de Padín se convertía en figura de cemento, quizais por mirar atrás cando a urbe de corte mariñeiro sucumbía á maldición do castigo divino da especulación do ladrillo. Erros históricos que permanecen para escarnio presente e futuro.