Tranquilidade

| MONCHO ARES |

BARBANZA

SEÑORES CONCELLEIROS: non se alporicen tan pronto que aínda quedan por diante oito meses, que vostedes foron elixidos para representar aos veciños, non a si mesmos, e polo tanto, teñen que estar aí no seu escano, aguantando mecha e fiscalizando ao goberno. O bo corredor de fondo é aquel que sabe esprintar no momento adecuado, cando o cartel da meta está á vista; si sae a toda pastilla a media carreira, seguro que non chega. Señores alcaldes: o cargo que ocupan ten esixencias, e unha delas é a de garantir a representación popular. Optar por botar dos plenos aos edís que molestan non é un bo método, seguro que non da esa rendibilidade que pretenden. Os xestos de mala educación, as chulerías e os insultos soen descontar puntos. O tempo, ao final do mandato, soe poñer a cada un no sitio que lle corresponde, e a falta de respecto, polo xeral, págase cara.