ÁUREA LORENZO ABEIJÓN
26 oct 2006 . Actualizado a las 07:00 h.Nada en Beneso, Porto do Son, en 1904, de familia modesta, tomou o camiño da emigración en 1922 e non volta a Galicia até 1976. Autodidacta, non esqueceu a terra natal nin a lingua propia. En momentos difíciles para a literatura galega publicou en Bos Aires o volume Queixas. Corría o ano 1943. Poesía humilde, no ronsel rosaliano, o volume contén vinte e nove poemas, onde se lembra o lugar natal de Beneso, a Galicia e a cantora do Sar, tan amada por todos os emigrantes. É a autora de Cantares gallegos o grande influxo en Áurea Lorenzo, a quen non só lle dedica un poema, senón que tamén no mellor da súa poesía procura seguir o vieiro de Follas novas. Saudade pola Galicia natal, intimismo, o problema da emigración, o costumismo, as lendas, son os eixos fundamentais do poemario, que ten os mellores acertos cando a mestra é Rosalía. En 1956 editou un poemario en castelán, Campanas del cielo. No ano do seu centenario reeditouse o seu volume galego, cun extenso prólogo de Aurora Marco.