Audacia

| MONCHO ARES |

BARBANZA

PARECE QUE van ser os construtores os primeiros en xuntarse para facer fronte ao desembarco das grandes empresas que non só queren acaparar o desenrolo urbanístico da comarca, senón que, por enriba, levan case toda a obra pública. A este colectivo non se lle ocorre esixir aos concellos que non fagan recualificacións nin que pechen as portas para que non entre ningunha compañía foránea. Non, están a facer o que que poden para competir con aquelas, que é a lei da economía, da liberdade de empresa e comercio. ¿Sería posible que fixeran o mesmo os comerciantes? Penso que non. ¿E moitos sectores do mar? Vostedes poden responder. Xa se sabe que a sorte premia aos audaces, non aos que choromican presentindo a ameaza dun inimigo que, xeralmente, non o é. Oxalá saia da iniciativa da patronal un clúster con forza que espante aos especuladores carentes de sentimentos.