Ribeira dará cabida a un curso sobre empresas

La Voz

BARBANZA

? Concello de Ribeira e o Igape levarán a cabo o día 27 no conservatorio municipal un seminario sobre creación de empresas. A inscrición deberá realizarse na oficina de desenvolvemento local do municipio ata o día 23. O curso é totalmente gratuíto e está orientado a mozos, estudantes, traballadores en activo e desempregados. O seminario estará estruturado en tres grandes bloques: a figura do emprendedor, a idea do negocio, e a posta en marcha dunha empresa. O obxectivo da iniciativa é ver como xorden as ideas empresariais, como se poden detectar boas oportunidades de negocio e como converter un proxecto nunha empresa. Tamén se coñecerá a testemuña dun empresario da zona que dará a coñecer a súa propia experiencia no sector.