Factoría pecha no Principal as representacións da súa produción «Tío Vania»
LA VOZ | SANTIAGO
BARBANZA
15 sep 2006 . Actualizado a las 07:00 h.
A compañía Factoría Teatro pecha no Principal a distribución da súa montaxe Tío Vania , que se despide dos escenarios coas representacións que ofrece esta noite e mañá ás 21.00 horas. A obra fora estreada en Santiago, na Sala Nasa, onde estivo en cartel arredor dun mes. é unha produción dirixida por Cristina Domínguez, actual directora do Centro Dramático Galego, e foi a gran triunfadora da pasada edición dos premios de teatro María Casares. A versión da obra de Chéjov, de finais do XIX, está montada sen apenas elementos sobre o escenario, que se enche de forza coa interpretación deste clásico que reflexiona sobre as emocións humanas e o paso do tempo dende unha perspectiva viva e actual dun tema que non mudou e que Factoría fai seu.