07 jul 2006 . Actualizado a las 07:00 h.
?o empresario Ricardo Pérez Queiruga no se lle esqueceron aqueles tempos nos que os agricultores eran os ricos e os mariñeiros os pobres: «As nécoras servían como abono, as centolas non tiñan valor». Debe ser por iso que asegura: «Preocúpame a perda de poder adquisitivo». O ex rexedor subliña que a presión fiscal aumenta, mentres que os salarios non medran a un ritmo tan elevado como para afrontar os numerosos gastos. Con miras ao futuro, non ten dúbidas de que Ribeira debe buscar alternativas para continuar medrando: «Os deportes náuticos teñen moito auxe e a nosa ría posúe condicións moi boas». Entre as cousas que máis valora do municipio está a súa tolerancia: «Eu penso que aquí nunca se daría un caso de racismo».