Folgas de dereitas

JOSÉ RODRÍGUEZ CABEZA

BARBANZA

DENDE FÓRA | O |

21 oct 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

PODE QUE cando se publique este traballo, a folga do transporte xa teña rematado en Galicia, pero iso non é o que importa nesta reflexión. En primeiro lugar, dicir que o dereito de folga non está recolleito na nosa Constitución máis que para os traballadores por conta allea (artigo 28.2), polo que, sendo esta unha folga da patronal, estaría viciada de legalidade, o que debería haber impedido que o goberno a tratase como tal, sentándose a negociar cun comité, do mesmo xeito que si fose un sindicato. «Cosas veredes, querido Sancho». Pero esta folga deixa máis elementos para a súa análise. Un deles é que mandan máis as adegas de San Sadurní d¿Anoia que as granxas leiteras da Serra de Outes e Mazaricos, por non falar das oliveiras andaluzas, do plátano de Canarias ou das laranxas marroquís. Unha mágoa máis para a sempre denostada e esquecida Galicia. ¿Que dín os rumorosos? Outra ensinanza importante é que, hoxe en día, a teoría da loita de clases, idealizada por Hegel, teorizada por Marx e Engels e materializada por Lenin e Stalin, xa non ten vixencia, agás para certos nostálxicos frustrados, coma Fidel Castro. O de Hugo Chávez é outro tema máis perigoso, do que tamén falaremos. O que non me colle na testa é como se pode entender que, dende 1969 ata 2001, dos corenta e nove Premios Nobel de Economía habidos, os norte americanos acadaran trinta e catro, fronte aos quince repartidos entre tódolos demáis países. «Atención, atención... Pola autoestrada vai un tolo polo carril contrario», escoitaba pola radio un conductor. «¿Un só?. ¡Van todos!», dixo para sí mesmo. De seguro que, axiomaticamente, eu tamén debería asumir que o sistema capitalista norteamericano é unha brutalidade, a pesares do que diga a prestixiosa academia sueca sobor dos economistas ianquis.